Cuestións biolóxicas
A navalla pertence á familia Solenaceae. Xénero Ensis. O nome científico da navalla é Ensis ensis. O nome científico do longueirón é Ensis siliqua.
Características
A súa concha é alargada, rectangular e moi fráxil. O marxen dorsal e o ventral son curvos e os extremos están abertos. As valvas son estiradas, con forma similar ao dunha navalla. Presentan unha serie de estrías verticais e horizontais moi finas. A súa cor vai de branco a marrón claro, con bandas marróns ou vermellas. As navallas son animais unisexuais de reproducción exógena, polo que a fecundación prodúcese nas augas do mar.
Donde hai e como se extrae?
Viven nos fondos de area fina, hundidos verticalmente nuns tubos que escarban. O extremo superior destes tubos ten forma de oito. Prefiren fondos de pouca profundidade, desde a zona intertidal ata uns poucos metros. A captura da navalla realízase buceando a pulmón, detectándoas polos pequenos montoncitos de area en forma de oito que deixan ao enterrarse.
Como se come?. Platos.
Á plancha. Facelas coa parte da concha sobre a prancha, e solo ao final un momento coa carne sobre a prancha, quedarán máis xugosas e menos secas. Importante: Sumerxirlas en auga fría con sal durante media hora antes de cociñalas, por si teñen algunha area.
Festas gastronómicas.
A festa gastronómica da navalla celébrase en Arousa no porto de Xufre os días 17 e 18 de Xulio.
Texto e fotos: Feito por María (1º B)
3 comentarios:
Non me gustan as navallas pero este traballo está ben feito
estan riquísimas
rakel(1c)o traballo esta xenial enora boa mari
Publicar un comentario