Ola.
Somos as rapazas e rapaces de 1º da ESO do CPI Manuel Padín Truiteiro de Arcade. Na parte final do curso, na materia de Proxecto Interdisciplinar estivemos facendo este blogue. Adicámoslle unha hora á semana e nel recóllense os traballos de todos nos.
O tema é moi axeitado a nosa terra, O marisco. E como podedes ver no blogue, traballamos desde distintos enfoques o tema, aínda que dominamos en exceso o "copia e pega". Uns fixemos traballos sobre os mariscos, outros sobre os métodos de pescalo, sobre as rías galegas, sobre as festas gastronómicas e outros escolleron receitas de marisco
A maioría das fotos foron feitas por nos mesmos, algunhas no porto, outras no mercado e outras na casa. As outras fotos que empregamos sacámolas de páxinas de internet que conteñen fotos libres e empregámolas só para uso didáctico.
O obxectivo era coñecer e manexar as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) para facer os nosos traballos relativos o marisco. Aínda que non os publicamos no blogue polo seu tamaño, tamén fixemos presentacións e videos dixitais sobre o mesmo tema.
Esperamos que vos guste o que fixemos.
Unha aperta de todo o alumnado de 1º da ESO e dos Profes Susana e Jaime.
Ah, e recordade que lle hai que dar de comer os peixes que andan polo blogue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario