Descripción
A navalla é un molusco bivalvo mariño de gran tamaño, súas valvas chegan a medir ata 20 cm. de longo. Estas teñen forma alargada e algo curvada, súa superficie é moi lisa e mostran unha cor amarilenta con manchas roxizas, moradas ou pardas.
Aliméntanse de plancton que incorpora a seu organismo a través de branquias. Habita nos fondos mariños enterrada na area, onde excava buracos fondos e distribúese polo mar do Norte, polo océano Atlántico e o mar Mediterráneo, aínda que tamén hai algunas especies do Pacífico, como as chamadas mango de cuchillo amarelo de Baja California (México) e a macha o navajuela de mar, de Chile.
Noso mercado
Xeralmente por navalla denomínase a dous moluscos bivalvos que, aínda que moi semellantes, trátase de especies diferentes, unha é la navalla propiamente dita e outra é o longueirón. Unha característica definitoria nos axudará a identificar un de outro; mentras que o longueirón ten a concha totalmente recta, a navalla tena un pouco curvada.
A navalla e o longueirón que podemos encontrar no mercado galego en fresco teñen como orixe as Rías Galegas, Portugal e Irlanda, e sen etiquetas que os identifiquen, resulta imposible para o consumidor coñecer súa procedencia, a menos que o vendedor experto nolo indique. No mercado galego, o longueirón é moito máis abundante que a navalla, no por iso menos exquisito.
Orde Científico
A navalla pertence á familia Solenaceae. Xénero Ensis.
O nombre científico da navalla é Ensis ensis.
O nome científico do longueirón é Ensis siliqua
Feito por David (1º C)
No hay comentarios:
Publicar un comentario