A Festa do Marisco, celébrase na localidade de O Grove desde o ano 1963 e foi declarada de Interese Turístico Nacional na década dos 80. Folklore, tradición, diversión e enormes cantidades de delicioso marisco combínanse para formar o que é, sen dúbida, unha das festas máis orixinais de España. Apuntarvos, pois, estas datas na axenda: do 1 ao 12 de outubro do 2010.
Este evento gastronómico-cultural pon de relevo os alicerces básicos da economía deste pobo costeiro: o turismo e a pesca. Ambos conxugados fan posible que esta festa de promoción cultural siga adiante.
Texto feito por Oscar (1º C)
1 comentario:
No mola mucho llegar a 3º hora del día a la clase de tecnología y ver en el blog recetas de marisco y fiestas gastronómicas coa fame que temos!!!! Pero el trabajo está bien!
Publicar un comentario