O SACHO
O sacho é unha das ferramentas máis usadas para a recollida de ameixas.
O ANGAZO
Utilizase para remover a area e deizar ao descuberto o berberecho, ameiza…
O SALABARDO
Pouco usado habitualmente. O mariscador acompañado por outro utensilio vai
enchendo a rede de area, levantándoa de vez en cando para deixar caer a area e
Desta forma queda retido o marisco na rede.
HOZ- FOUCIÑO
Con este arte recóllese a ameixa de unha en unha, xa que o mariscador recorre toda a
praia burato por burato.
RASQUETA
É a arte empleada na captura do perceve e no mexilón (salvaxe), con esta sepárano
das rochas.
FORQUILLA
Utilízase sobre todo para a captura do ourizo, esta consta dun rabo e unha pala
con 2 ou 3 dentes.
FISGA
Utilízase sobre todo na captura da navalla e do mongueirón, o mariscador ao
encontrar un burato métea de repente, o molusco reaciona cerrando as súas
valvas, o que fai que os mariscados retiren rapidamente a fisga e deixan o
molusco ao descuberto.
Texto feito por María (1º A), Antía (1º A) e Miguel (1º B)
Fotos feitas por María (1º A)
2 comentarios:
que guay!!!
Os métodos que mais cansa
Publicar un comentario