O mexillón é sen dúbida o marisco dos pobres. Sen embargo, se lle pomos un mínimo de cariño e sensibilidade á preparación, os mexillóns se converten nun bocado exquisito.
É unha receita típica de Galicia, sobre todo na costa.
INGREDIENTES
2 Kg de mexillóns
1 póla de apio verde
2 chalotas
50 grs de manteiga
1 vaso de viño branco seco
PREPARACIÓN
Nunha cazola poñemos unha boa cullerada de manteiga, as chalotas picadas finas e o apio igualmente troceado en xuliana.
Lévase ao lume suave e cando estén os vexetais ben brandiños, rocíase cunha copa de viño branco seco.
Sen máis dilación bótanse dentro os mexillóns e espolvoreanse xenerosamente coa pementa negra recén moída.
Tápase a cazola e sobese o lume ao máximo.
En apenas un minuto veremos como empeza a saír vapor, ese é o momento de apagar o lume, e sen destapar, remover enerxicamente a cazola coas dúas mans, facendo que as pezas salten unhas por enriba de outras, para dar lugar a que se abran todas.
Para terminar engádese otra cullerada de manteiga, e repítese a operación de sacudida para que a salsa se mesture ben.
Están boísimos.
Feito por Martina (1º C)
No hay comentarios:
Publicar un comentario