Festa da Ostra

En Arcade, no concello de Soutomaior.
Celébrase o primeiro fin de semana de abril.

A COTIZACIÓN DA OSTRA
Ostra de Arcade é sen dúbida, a máis cotizada do mercado e a pioneira en comercializarse e exportarse fora de Galicia. É de variedade ostrea edulis e se lle recoñece un sabor ligado ás augas nas que se cría, a desembocadura do río Verdugo. Se ben se recomenda o seu consumo en todolos meses, a mellor época para degustalo é abril. En Galicia o mellor sitio para conservalas e a ría de Vigo.

A HISTORIA DA FESTA
A primeira festa da  Ostra organizouse no ano 1987. A idea partiu dos ostricultores da zona que consideraron como idónea a vila de Arcade para esta celebración, xa que foron os pioneiros no consumo, comercialización e exportación de este molusco, non só a outras partes de España, senon tamén de Europa.

ALGUNHAS ANECTODAS
Tamén se lle atribúe un valor afrodisíaco e dise que con elas Casanova recuperábase dos excesos amorosos.
Os gregos comían polvo de concha de ostra en momentos de decadencia sexual, e en Atenas votaban escribindo na concha do molusco o nome do político que querían apartar do goberno, e o máis votado era condeado ó ostracismo (100 anos de desterro).

Feito Por Eva (1º B)

1 comentario:

Celiaa ;D dijo...

A mí me quedó mejor!!!;)