¿Cando e onde se celebra?
A festa que máis identifica a este municipio de Soutomaior é a Festa da Ostra, que se celebra na parroquia de Arcade o primeiro fin de semana do mes de abril.
Nesta pódense degustar os saborosos moluscos que se crían nas marxes da ría de Vigo..
Historia
A primeira Festa da Ostra organizouse no ano 1987. A idea partiu dos ostricultores da zona que consideraron como idónea a vila de Arcade para esta celebración, xa que foron os pioneiros no consumo, comercialización e exportación de este molusco.
A idea nace coa intención de potenciar o consumo da ostra, xa que ten un importante papel na economía da vila, e de esta forma proxectar a imaxe de Arcade como punto de referencia na producción e comercialización da mesma
O seu cultivo
O habitual hoxe é que se cultiven viveiros aproveitando as bateas ou plataformas de cultivo.
Tradiccion
Esta tradición gastronómica do cultivo da ostra data xa do tempo dos romanos. Por Arcade pasaba a Vía Romana que procedente de Redondela, iba a Pontevedra e Santiago.
A festa da ostra 2011
A 25ª edición da Festa da Ostra de Arcade celebrouse os días 2 e 3 de abril e conseguiu reunir a máis de 30.000 persoas.
Feito por Talía (1º A)
No hay comentarios:
Publicar un comentario